fbpx
FOTO 2 NOTICIA 2 CORUÑA

A alcaldesa Inés Rey destaca a importancia do programa Coruña Digital Pymes, que formará ás empresas da cidade en transformación dixital

A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá o programa “Coruña Digital Pymes”, unha iniciativa que permitirá ás pequenas e medianas empresas da cidade recibir formación gratuíta en transformación dixital a partir do mes de setembro. No acto de presentación a rexedora estivo acompañada por Venancio Salcines, presidente do consello reitor de CESUGA e presidente de ef Business School. Ata María Pita achegáronse representantes das asociacións empresariais da cidade e outros colectivos relacionados co sector privado. 

 

“A dixitalización é un proceso imparable e necesario, pero conseguir unha transformación completa non é un proceso sinxelo e menos contando con recursos limitados como os que acostuma a ter unha peme”, indicou a alcaldesa. “Coruña Digital Pymes” enmárcase no plan Generación Digital Pymes impulsado polo Ministerio para la Transformación Digital e está financiado con fondos europeos Next Generation. Na cidade, o Concello e CESUGA e ef Business School xestionarán o seu desenvolvemento. 

 

Posicionamento no novo mercado 

O programa ofrece unha mestura de coñecemento e liderado dixital que proporcionan as ferramentas dixitais adecuadas para lograr un mellor posicionamento do tecido empresarial no novo mercado. A formación, valorada en 14.000 euros, será gratuíta e está deseñada para equipos de dirección de pemes de entre 10 e 249 traballadores e traballadoras. 

 

O curso será impartido, a partir do mes de setembro, por un equipo de profesionais expertos en activo no ámbito da transformación dixital. Consta de 146 horas docentes de metodoloxía práctica e persoalizada, impartidas en formato mixto presencial e online, con mentorías e sesións específicas con casos prácticos de éxito. “A Coruña é o principal motor económico de Galicia e queremos que as súas pemes crezan estando ao día nos procesos de dixitalización”, indicou Inés Rey. 

 

As empresas coruñesas interesadas en participar neste programa poderán formalizar a súa participación a través da web http://corunadigitalpymes.com. 

Para más información sobre esta noticia, visita la web de QUINCEMIL-EL ESPAÑOL o de ECONOMIAENGALICIA.COM

613 724 270